A Ruta Xacobea comeza no ano 813, cando se descobre a "Arca Marmórica" cos restos mortais do Apóstolo Santiago. Un anacoreta chamado Pelaio (Pelágio) que estaba retirado no bosque de Libredón ve caer sobre un punto determinado unha choiva de estrelas (Campus Stellae), unha sinal de Deus que o levou a atopar a sepultura.
No Calixtinus Codex, Libro III (século XII) di: moitos peregrinos deciden prolongar a súa viaxe ata Muxía e Fisterra, localidades na Costa da Morte (A Coruña), a Costa da Morte do Sol ou a Costa onde morre a terra coñecida. Costa na que se abrigan todas as incógnitas, o que para os antigos era o punto máis occidental do mundo coñecido, o tramo final dun percorrido marcado pola Vía Láctea. O Códice Calixtino vincula estas terras coa tradición Xacobea, xa que os discípulos de Santiago viaxaron ó mítico Dugium (Fisterra) buscando permiso para enterrar o Apóstolo.
A tradición do Finisterrae Galaico baséase nas dúas devocións por excelencia: O Cristo de Fisterra e a Virxe da Barca, un no Cabo Fisterra e outro preto do Cabo Touriñán, ambos cabos indican os confíns da terra.
Viaxe ó confín ancestral e precristiá, onde podería ser a propia orixe do Camiño de Santiago. A igrexa cerrará así o círculo da conversión ao cristianismo do fin occidental europeo coas peregrinacións a Santiago, o "Cristo de Fisterra" e á "Virxe da Barca", tradicións nacidas durante a Idade Media. A forte tradición máxico-espiritual fixo que a Igrexa as integrara no Universo Xacobeo, cunha idea sincrética do mundo precristián co cristián posterior. O licenciado Molina no século XVI: “…veñen peregrinos a ver o Apóstolo para prostrarse a continuación, ante o Cristo e da Virxe." Hai unha representación, que é a máis antiga de España, no tímpano da Igrexa de Santiago de Cereixo, século XII ( ría de Camariñas) relatando o "Traslatio" do Apóstolo a Galicia.
Os peregrinos, despois de visitar o Apóstolo non se resisten a visitar o campo de estrelas na Costa da Morte, lugar de ritos máxicos e ancestrais, a fusión do divino e do pagán dende os tempos máis remotos e antigos, con propiedades máxicas atribuídas ás súas pedras, con un rico patrimonio arqueolóxico nun entorno de extraordinaria valor paisaxística e ecolóxica.
|